jueves, 21 de febrero de 2019

BOLSAS EXTRAORDINARIAS GALICIA



RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidades de francés (590010), música (590016), análise e química industrial (590102), informática (590107), organización e proxectos de fabricación mecánica (590112); e no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidades de instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos (591205), sistemas e aplicacións informáticas (591227), soldadura (591228).

O punto décimo do texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995, polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias, publicado no Diario Oficial de Galicia do 11 de xullo de 2017 por unha Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos do 28 de xuño de 2017, establece a posibilidade de que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoque procedementos para a elaboración das listas de interinidades e substitucións no caso de que, unha vez realizado chamamento a todas as persoas que constan nas relacións mencionadas no punto segundo do mesmo texto refundido, continuase resultando necesario cubrir necesidades de profesorado.


Más información de éstos y de otros cursos en:




Teléfono de contacto:678037906 (también whatsaap)